Publicador de contidos

Publicador de contidos

A final da Liga das Nacións decidirase en Madrid (0-0)

A final da Liga das Nacións decidirase en Madrid (0-0)

España resistiu o asedio alemán nun partido onde non tivo case chegadas á área xermana

Os paus e Cata Coll impediron a derrota do combinado adestrado por Sonia Bermúdez

@SEFutbolFem @SEFutbolFem
G24.gal 28/11/2025 21:42

España e Alemania empataron sen goles na ida da gran final da Liga das Nacións disputada en Kaiserlautern.  Alemaña gozou das mellores e máis claras ocasións pero a selección española resistiu e puido sacar un bo resultado de cara ao o partido de volta que se disputará o próximo martes en Madrid.

Na primeira metade as xogadoras de Sonia Bermúdez apenas tiveron ocasións ante un bando local que chegou en numerosas oportunidades, algunhas moi claras como un man a man sacado por Cata Coll co pé ou un remate que desviou baixo o traveseiro Irene Paredes, ambas ó fío da media hora de xogo.

Soamente durante o arrinque da segunda metade, cando Esther González topouse co poste nun remate desde o interior da área, acariciou o gol o equipo de Sonia Bermúdez. O resto do partido foi de dominio do cadro local que remataría duas veces contra os paus na segunda metade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade