O Fortuna afronta en Ponferrada o primeiro asalto polo ascenso ao fútbol profesional
Este sábado, en directo pola TVG ás 18:30 horas, veremos o partido do Toralín en que o filial celeste pretende encamiñar a eliminatoria
Este sábado o Celta Fortuna, en directo pola Televisión de Galicia, comeza a derradeira eliminatoria para ascender á 2ª División. O obxectivo de toda unha temporada, condesando en só 180 minutos.
O filial celeste ilusiona. Están diante dunha oportunidade histórica. Colocar o Fortuna no fútbol profesional.
Fredi sabe do potencial da Ponferradina. Os do Bierzo foron o mellor equipo da 1ª RFEF na segunda volta.
No Toralín, o primeiro asalto con máis de 500 celtistas animando nas bancadas (18:30, TVG).
A Ponferradina chega a esta derradeira eliminatoria despois de eliminar outro filial, o do Atlético de Madrid. E fixérono con este gol de Keita. A fortaleza do equipo berciano está na súa defensa. Levan máis de 400 minutos sen encaixar un gol. Hoxe falou Nafti, o seu adestrador. En Ponferrada non gustaron algúns dos cualificativos que empregaron no cadro celeste.