Publicador de contidos

Publicador de contidos

México e Corea do Sur empezan o Mundial con vitoria

México e Corea do Sur empezan o Mundial con vitoria

México gañoulle na inauguración a Suráfrica por 2-0

Corea remontou contra a República Checa para levar o encontro por 2-1

G24.gal 12/06/2026 11:24

A selección de México acabou co feitizo que arrastraba nos partidos inaugurais dun mundial e, por primeira vez na súa historia, gañou unha apertura ao gañarlle a Suráfrica por 2-0 grazas aos goles de Quiñones e Raúl Jiménez. Dominou o equipo de Javier Aguirre de principio a fin e aproveitouse da inferioridade dun rival que xogou cun menos durante boa parte do segundo tempo. 

2. México: Rangel; Gallardo, Johan Vásquez, César Montes, Israel Reyes; Erik Lira (Édson Álvarez m.76), Brian Gutiérrez, Fidalgo; Quiñones (Alexis Vega m.79), Raúl Jiménez (Armando González m.76), Alvarado.

0. Suráfrica: Williams; Modiba (Appollis m.76), Mbokazi, Sibisi, Mudau; Okon; Mokoeka, Sithole; Adams (Zwane m.61); Foster (Thalente m.56), Rayners (Makgopa m.76).

Goles: 1-0, m.9: Julián Quiñones; 2-0, m.67: Raúl Jiménez.

Árbitro: Wilton Sampaio. Expulsou a Sphephelo Sithole e Themba Zwane por Sudáfrica e a César Montes de México.

Corea do Sur recuperouse do gol inicial conseguido pola República Checa e sumou os primeiros tres puntos no Grupo A. Partido que se xogou en Guadalaxara e que gañaron os coreanos grazas aos goles de Hwang Inbeom e Oh Hyeong Gyu. 

2. Corea: Kim Seung gyu; Lee Han beon, Kim Min jae, Lee Tae Seok (Eom Ji Sung m.69), Seol Young woo; Lee Gih yuk, Hwang Inbeom (Kim Jing Yu m.84), Paik Seung ho (Park Jin Seob m.84), Lee Jae Sung (Hwang Hee Chan m.62), Kang in Lee, Heung Min Son (Oh Hyeong Yu m.69).

1. República Checa: Kovar; Hranac, Coufal, Chaloupek, Krejci, Zeleny; Provod (Sadilek m.63), Soucek, Sojka (Chytil m.84); Schick (Hlozek m.63), Sulc (Chory m.63).

Goles: 0-1, m.59: Krejci; 1-1, m.67: Hwang Inbeom; 2-1, m.80: Oh Hyeong yu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos