Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo, á procura do noveno título da OK Liga

O Liceo, á procura do noveno título da OK Liga

Comeza este serán ás 20:15 horas o primeiro partido da final ao mellor de cinco diante do Igualada que conseguiu eliminar o Barcelona

G24.gal 12/06/2026 09:57

O Liceo comeza este serán en Riazor (20:15 horas, en directo pola G2 e Agalega.gal) a loita pola OK Liga e engadir un novo título ao xa extenso palmarés. O rival será o sorprendente Igualada que conseguiu derrotar na serie semifinal ao Barcelona, sempre favorito para gañar o título. Desta volta ese papel recae no equipo coruñés que terá o factor cancha do seu lado. 

Lonxe queda aquel fito do ano 1983 en que gañou a primeira Liga. Logo viñeron as do 86, 87, 90, 91, 93, 2013 e 2022 xa con Juan Copa aos mandos. Tamén daquela aproveitaron o erro do Barça nas semifinais para impoñerse ao Reus nunha trepidante eliminatoria a cinco partidos.

No campionato regular o conxunto verde foi incapaz de gañarlle ningún partido ao Igualada. Derrota por 4-0 fóra da casa e empate 3-3 na Coruña. Enfrontáronse na semifinal da Copa do Rei e aí foi o Liceo o que levou o triunfo cun agónico 1-2 grazas a un gol de Nil Cervera a catro minutos do final. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade