Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo vence en Calafell no 4º partido (3-4) e clasifícase para a final da OK Liga

O Liceo vence en Calafell no 4º partido (3-4) e clasifícase para a final da OK Liga

Os coruñeses pecharon a serie (3-1) cun traballado triunfo e agardan rival, que sairá do 5º partido entre o Igualada e o Barça

G24.gal 07/06/2026 14:49

Máxima emoción no cuarto partido de semifinais. O Liceo gañou por un axustado tres a catro e loitará polo título de liga no playoff final.

Nun primeiro tempo de alternativas só houbo un gol, o conseguido por Dava Torres no minuto dezasete. Tralo paso polos vestiarios os dous equipos volveron con ritmo e tamén con acerto ante as porterías contrarias. Sergi Folguera, cun duro disparo, lograba o empate a un. Pero o Liceo volveu adíantarse grazas a un roubo de César Carballeira con asistencia para Bruno Saavedra. O santiagués, no segundo remate, facía o un a dous.

Pero quedaba un mundo por díante e houbo tempo para moitas emocións e cambios no marcador. O Calafell volveu empatar tras unha contra culminada por Carles Domenech. E posteriormente os cataláns aproveitaron os minutos de inferioridade liceísta por un cartín azul a Carballeira para narcar o tres a dous. Os de Juan Copa refixéronse e situaron as táboas no electrónico grazas a un gol de Toni Pérez, perfectamente asistido por Dava Torres.

Con once minutos por díante os dous equipos buscaron evitar a prórroga. Non houbo acerto a bola parada, e o gol decisivo chegou a falta dun minuto e dous segundos. Saavedra conducíu unha contra e Dava Torres non perdonou ante Martí Serra. Aínda tivo que sufrir o Liceo nos últimos segundos coa derradeira oportunidade para Sergi Folguera. Blai Roca evitou o gol.

O equipo coruñés agarda rival para a gran final. O vindeiro martes o Barça e o Igualada xogarán o quinto encontro da súa eliminatoria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar