Xoel López compoñerá o novo himno do depor
Será con motivo da celebración do cento vinte aniversario do club herculino
O cantante recoñeceu que esta oportunidade surxida será para él cumprir un soño pendente
O RC Deportivo e Xoel López unirán os seus camiños nun dos proxectos culturais e emocionais máis relevantes da historia recente do Club: a creación do novo himno deportivista, unha iniciativa que responde a unha demanda histórica da afección e que supón ademais un fito dentro da identidade sonora da entidade. O recoñecido músico coruñés será o encargado de escribir e compoñer unha obra concibida para representar a identidade do Deportivo desde unha mirada contemporánea, respectando profundamente a historia, os símbolos e os valores que acompañaron ao Club e á súa afección ao longo de xeracións.
O novo himno nace coa vocación de converterse nun elemento de unión para todo o deportivismo, conectando pasado, presente e futuro a través dunha creación que poñerá en valor o sentimento de pertenza, o orgullo de cidade, a resiliencia e o vínculo emocional que existe entre o RC Deportivo e A Coruña. O proxecto contará ademais con varias colaboracións artísticas e musicais estreitamente vinculadas o ámbito da música tradicional e a cultura popular coruñesa, reforzando así o carácter colectivo e representativo dunha composición pensada para emocionar e identificar a toda a familia deportivista.