O Liceo quere meterse na final da OK Liga pola vía rápida
Xoga o venres (20:30 horas) o terceiro partido da serie na pista do Calafell coa vantaxe de dúas vitorias colleitada en Riazor
O Liceo xoga este venres (20:30 horas) o terceiro partido da serie de semifinais da OK Liga á procura de meterse na final pola vía rápida. Nos dous primeiros partidos acadou a vitoria en Riazor, dous partidos resoltos co mesmo resultado (4-1).
Será un partido moi diferente na pista dun Calafell onde xa gañou no partido do campionato regular por 2-3. Liceo e Calafell están a ter unha gran rivalidade esta temporada na que se enfrontaron na final da Copa do Rei tamén con resultado favorable para o cadro coruñés.
A outra serie, na que xogan o Barcelona e o Igualada, está empatada (1-1) despois da gran vitoria por 1-3 do Igualada no Palau Blaugrana no segundo encontro.