Javi Rodríguez culmina a súa gran temporada coa estrea como internacional
"Estou preparado para achegar e gozar, seguro que facemos un gran papel" asegurou o santiagués Borja Iglesias
Dous galegos participaron no último amigable da selección española antes de marchar cara os Estados Unidos. Borja Iglesias continuará camiño do Mundial como un dos dianteiros da selección. Javi Rodríguez (Poio, 2003) non viaxará pero fixo realidade o soño de calquera xogador de elite, debutar coa selección absoluta.
Dáse a casualidade de que Javi Rodríguez nunca fora internacional en ningunha outra categoría. Chegou á Primeira División paseniño pero leva dous anos como titular indiscutible na defensa para Claudio Giráldez no Celta e o froito dese bo traballo foi a chamada de Luís de la Fuente para os adestramentos previos.
A xuventude de Rodríguez Galiano contrasta coa experiencia de Borja Iglesias. O santiagués ten a oportunidade da súa vida aos 33 anos de xogar un Mundial. "Estou preparado para achegar e desfrutar, seguro que facemos un gran papel" asegurou diante do micrófono da Televisión de Galicia ao remate do amigable contra Iraq.