As obras de Tribuna 2030 de Balaídos, en marcha
O Concello de Vigo comeza as obras que permitirán ampliar Balaídos para ser sede do Mundial 2030
As obras previas á ampliación da bancada de Tribuna do estadio de Balaídos xa están en marcha, un paso imprescindible para que o estadio poida alcanzar unha capacidade de 41.000 espectadores dentro do proxecto de reforma vinculado á candidatura de Vigo para o Mundial de 2030.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou a zona e asegurado que o Concello leva máis de dez meses preparando esta actuación, que inclúe o desprazamento de dous grandes colectores situados xunto ao estadio e cuxa localización impide acometer a ampliación de Tribuna.
Para ampliar Tribuna, o Concello ten que mover 30 metros cara atrás os colectores do Lagares e Praza de América, situados a cinco metros de profundidade e que teñen preto de 1.60 metros de diámetro.
“O retranqueo é obrigado pola obra de Tribuna e estamos a facer xa a obra física da bancada”, indicou o alcalde,
Caballero considera que Xunta e Deputación deben pagar un terzo cada unha.