Publicador de contidos

Publicador de contidos

España non pasa do empate (1-1) ante Iraq antes do Mundial

España non pasa do empate (1-1) ante Iraq antes do Mundial

Ferrán adiantou aos de Luis de la Fuente nun partido con moitos trocos e poucas ocasións

O céltico Javi Rodríguez debutou no segundo tempo 

G24.gal 04/06/2026 20:39 Última actualización 04/06/2026 23:02

A selección española xogou en Riazor ante Iraq o primeiro amigable previo ao Mundial dos Estados Unidos, México e Canadá, un partido en que os de Luis de la Fuente buscaron coller ritmo e sensacións de cara ao debut do próximo 15 de xuño ante Cabo Verde, no que non estarán presentes os tocados Lamíne Yamal e Nico Williams, nin os participantes na final da liga de Campións.

En total, eran dez as ausencias salientables na Coruña : Lamíne Yamal, Nico Williams, Víctor Muñoz, Fabián, Raia, Zubimendi, Rodri, Pedri, Oyarzabal e Cucurella.

O partido comezou ben para os de Luis de la Fuente. No minuto 22 marcou Ferrán Torres tras unha boa acción de Borja Iglesias.

España dominaba pero cinco minutos despois a selección de Iraq marcou por medio de Doski cun centro no que no non estivo moi atinado Joan García.

Así rematou a primeira parte, con empate e dous xogadores españois con cartón amarelo.

A segunda parte comezou cun disparo moi axustado de Jesús Rodríguez. Borja Iglesias quedou nos vestiarios.

No minuto 72 debutou o celeste Javi Rodríguez. Foi un encontro sen ocasións.

España non pasaoudo empate (1-1) ante Iraq antes do Mundial

Os de Luis de la Fuente xogaron cun rival dun chanzo inferior aínda que tamén mundialista como Iraq, que ocupa o posto 57 do ránking FIFA e sétima na confederación asiática, incluída Australia. 

Este foi o último partido que xogou a selección en territorio nacional. 
Despois poñerá rumbo a Chattanooga (Tennessee), onde establecerán o seu cuartel xeral con vistas a conseguir a segunda estrela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade