Final entre Liceo e Igualada pola OK Liga 2026
Será a cuarta final entre os dous clubes de hóckey que marcaron unha época no deporte nos finais dos 80 e principios dos 90
A final da OK Liga 2026 enfrontará o Deportivo Liceo contra o Igualada. Trátase dunha final esperada entre dous equipos que mostraron un gran nivel durante toda a tempada. O Liceo conta coa posición de favorito e o factor da pista a favor mentres que o Igualada buscará dar a sorpresa.
O Liceo converteuse no primeiro finalista tras vencer o Calafell La Menorquina cun gol decisivo a 1:38 do final nun axustado cuarto partido que terminou por 3-4. O Liceo buscará completar un dobrete tras gañar a Copa do Rei e aspira a gañar un título de liga que non consegue dende 2022. O Igualada revertiu a serie contra o Barça nun tenso quinto partido, que terminou gañando por 1-2 no Palau Blaugrana. É a súa primeira final dende 2004.
A loita polo título comezará este venres ás 20:15 no Palacio dos Deportes de Riazor, que tamén será o lugar que acolla o segundo partido da eliminatoria o domingo ás 20:30. Os dous encontros poderánse seguir na TVG2 e na agalega.gal.