Publicador de contidos

Publicador de contidos

O baloncesto galego vive un momento extraordinario

O baloncesto galego vive un momento extraordinario

O Ensino, o Baxi Ferrol e o Celta Zorka, na Liga Feminina Endesa

O Breogán, o Obradoiro e o Básquet Coruña xogarán na ACB

Hai máis de 30 anos que tres equipos galegos masculinos non coincidían na máxima categoría

G24.gal 10/06/2026 17:50

A próxima temporada haberá seis derbis galegos tanto na ACB coma na máxima categoría feminina, despois de que o Celta volvera subir e comparta liga co Ensino e o Baxi Ferrol

Tres décadas houbo que agardar para ter tripla representación no baloncesto de elite masculino grazas aos ascensos do Obradoiro e o Básquet Coruña. O único que repite daquela é o Breogán. Julio Bernárdez, presidente da Federación Galega de Baloncesto, recoñece que  "é o mellor momento sen ningún tipo de dúbida precisamente porque antes había proxectos, pero en certa medida un pouco illados. 

"Que esteamos seis equipos na elite fainos a segunda comunidade en toda España. É moi importante porque non somos a segunda comunidade en poboación"

Aquela época dourada diluíuse entre descensos e desaparicións, agora Galicia recupera o seu status a nivel nacional grazas a un baloncesto máis profesionalizado e estable.

"Penso que hoxe grazas ás axudas das institucións, temos unha estrutura moito máis asentada, e ademais debaixo da pirámide hai unha gran base. 20.000 licenzas é un apoio para estes equipo", sinala Bernárdez. 

E vai máis alá, atrae e exporta talento, xera ilusión na afección e sitúase no mapa europeo, co Breo preinscrito para optar a competir na BCL. 

"É unha ledicia tremenda, esperamos a ver que acontece co apoio do Concello de Ferrol para que o Baxi tamén teña unha mínima oportunidade. Estamos tamén o ver o tema do Ensino, que tamén ten posibilidades de xogar esa competición, e despois eses seis derbis, que van ser un auténtico ataque ao corazón de Galicia, que van parar as cidades durante esas seis ocasións", apunta o dirixente federativo.

Galicia, terra de baloncesto, recupera o seu lugar na elite.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar