O Almería remonta o Castelló e cítase co ascenso
O Almería convértese no primeiro finalista do playoff e queda a dous partidos de regresar a Primeira División
Esta noite Málaga ou As Palmas buscarán ser o rival na loita polo ascenso
Imaxe da U. D. Almería. Gol de cabeza de Stefan Dzodic no minuto 94 ante o C. D. Castelló.
A U. D. Almería logrou o pase a final do playoff de ascenso a Primeria División tras conseguir remontar o C. D. Castelló nun vibrante partido que rematou 3-2. Despois do empate 1-1 no encontro da ida no campo do Castelló, a eliminatoria chegaba a Almería completamente aberta, con dous equipos importantes durante toda a LaLiga Hypermotion.
O encontro estivo movido. O conxunto dirixido por Rubi adiantouse no marcador arredor do descanso cun gol de Adri Embarba que nese momento clasificaba os andaluces. Sen embargo, na segunda metade o Castelló reaccionou de forma sensacional e deulle a volta cos goles de Álex Calatrava e Agustín Sienra que lles colocaba moi preto da final.
Pero nos últimos minutos, o Almería sacou a relucir toda a súa pegada. Primeiro cun gol de Álex Muñoz que puxo a igualada no marcador e, xa no tempo engadido, Stefan Dzodic foi o encargado de terminar a remontada cun cabezazo que certificaba o 3-2 definitivo (4-3 no global).
A segunda semifinal resolverase esta noite na Rosaleda, onde o Málaga recibe a U. D. As Palmas a partir das 21:00 horas. O conxunto branquiazul parte coa vantaxa tras impoñerse por 0-1 no partido da ida en Gran Canaria grazas a un gol de David Larrubia. Un empate lle sirve aos andaluces para acceder a final, mentres que a U. D. As Palmas está obrigada a remontar se quere acceder a máxima categoría.