Haberá cuarto partido: o Liceo perde 4-1 en Calafell
Os galegos gañaban 0-1 no descanso pero os cataláns decidiron na prórroga
A semifinal entre o Liceo e o Calafell trasladouse a Cataluña despois de que os coruñeses gañasen os dous primeiros partidos no seu feudo, ambos por 4-1 (era o terceiro marcador seguido igual entre ambos os porque tamén foi o resultado da final da Copa do Rei). Repetiuse o resultado pero con triunfo do Calafell no tempo engadido.
A primeira parte foi de xogo parello. Pero rematou co triunfo parcial dos coruñeses grazas ao gol de Nuno Paiva.
Todo mudou no segundo tempo. Os cataláns foron moi superiores e remontaron con goles de Sergi Folguera e dous de Joan Pujalte e Alex Marimón na prórroga.
O Liceo non quería esperar pero terá que agardar ata o domingo.
A tempada do Liceo está a ser espectacular. Quedou primeiro na tempada regular, gañou a súa undécima Copa do Rei, contra o propio Calafell, e clasificouse para a final a oito da Champions, caendo contra o Porto en cuartos de final. Gañar a liga sería redondear un curso de ilusión.
O Liceo espera rival, no caso de gañar o domingo será o Barça ou o Igualada