Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fredi: "Hai que ser cautos, pero hai moita ilusión e os xogadores poden soñar"

Fredi: "Hai que ser cautos, pero hai moita ilusión e os xogadores poden soñar"

O Celta Fortuna regresa este domingo a Vigo tras empatar 1-1 ante o CE Europa en Can Dragó no partido de ida das semifinais do playoff de ascenso a Segunda División

O encontro xógase o domingo ás 16:15 h da tarde, coas cámaras da primeira canle da TVG en directo

Foto Celta
G24.gal 05/06/2026 14:48 Última actualización 05/06/2026 14:57

O Celta Fortuna regresa este domingo a Vigo tras empatar 1-1 ante o CE Europa en Can Dragó (Barcelona) no partido de ida das semifinais do playoff de ascenso a Segunda División. Un gol de Andrés Antañón no desconto permitiulles aos pupilos de Fredi Álvarez igualar o tanto de Jordi Cano para deixar a eliminatoria completamente aberta de cara á volta en Balaídos, programada para as 16:15 h da tarde, coas cámaras da primeira canle da TVG en directo.

Fredi: "Hai que ser cautos pero hai moita ilusión e os xogadores poden soñar, é gratuíto".

O filial celeste finalizou a fase regular como segundo clasificado do Grupo 1 de Primeira RFEF, só por detrás do campión e ascendido C. D. Tenerife, sumando 65 puntos en 38 xornadas nun balance de 18 vitorias, 11 empates e 9 derrotas. Ademais, pechou a liga regular con 61 goles a favor, converténdose no terceiro máis goleador de toda a Primeira RFEF.

Pola súa parte, o Europa é un dos clubs fundadores da Primeira División española, que non está no fútbol profesional desde hai máis de medio século. Gañar en Balaídos clasificaría o Celta Fortuna para a final do playoff, onde se mediría co vencedor do cruzamento entre o Atlético de Madrid B e a Ponferradina.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade