Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carles Marco: "Temos que cambiar a ansiedade e a presión por motivación e ambición"

Carles Marco: "Temos que cambiar a ansiedade e a presión por motivación e ambición"

O técnico do Leyma considera un privilexio xogar a Final Four na casa e ante o Palencia espera "un partido superduro e supercomplicado"

O partido poderá seguirse en directo ás 17:30 pola G2 e Agalega.gal

G24.gal 05/06/2026 12:57 Última actualización 05/06/2026 13:09

Carles Marco, técnico do Leyma Básquet Coruña, remarcou na rolda de prensa previa ao duelo contra o Palencia que este sábado abrirá a Final Four do Coliseum a "ilusión, confianza e ambición" para facer as cousas do mellor xeito para poder dobregar o equipo adestrado por Natxo Lezkano, e tamén que "manter a nosa identidade" é unha das claves principais da primeira semifinal.

O catalán deulle moita importancia á xestión das emocións.

"Temos un pouco de experiencia, xa xogamos algúns partidos que foron así, como na casa contra o Obradoiro, e esta ansiedade e estes nervios..., temos que intentar focalizarnos no que dependa de nós e facer as nosas cousas ben. Temos que cambiar a ansiedade e a presión por motivación, por ambición".

O adestrador de Badalona é prudente e quere ir paso a paso.

"Temos moita ilusión por xogar este partido, intentar competir e poder xogar o domingo. Non temos que meternos ningunha presión extras. Xa o fixemos nalgún momento de forma equivocada, a ver se podemos aprender dos últimos partidos que xogamos a este nivel", sinalou.

O partido poderá seguirse en directo ás 17:30 pola G2 e Agalega.gal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade