Publicador de contidos

Publicador de contidos

A selección española xa voa arestora cara aos Estados Unidos

A selección española xa voa arestora cara aos Estados Unidos

Borja Iglesias o xogador que máis se parou cos seguidores que lle pedían unha foto ou un autógrafo

G24.gal 05/06/2026 11:45 Última actualización 05/06/2026 11:51

A selección española, que onte á noite empatou ante Iraq (1-1) no estadio Riazor, abandonou Galicia desde o aeroporto Rosalía de Castro de Santiago, con destino Nashville (Estados Unidos), para desprazarse posteriormente a Chattanooga, onde quedará concentrada durante a fase de grupos do Mundial 2026.

Pasadas as dez e media da mañá deste venres partiu a delegación española, que encabezada polo presidente da Real Federación Española, Rafael Louzán, fotografouse a pé de pista co Airbus A350-Next que a aeroliña Iberia personalizou con motivo do Mundial dos Estados Unidos, México e O Canadá que comeza o 11 de xuño.

Co logo “Despega un equipo. Voa un país” ben visible, a compañía quixo mostrar o seu apoio á vixente campioa de Europa. Un apoio que os xogadores tamén recibiron dos moitos afeccionados que se achegaron ao aeroporto para fotografarse cos xogadores. Lamine Yamal, Nico Williams, Pedri ou Rodri foron algúns dos internacionais máis reclamados.

Non entanto, foi Borja Iglesias o xogador que máis se parou cos seguidores que lle pedían unha foto ou un autógrafo, ata o punto de que o dianteiro do Celta tivo que ser escoltado polas forzas de seguridade porque os seus compañeiros lle estaban esperando para a foto oficial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade