Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Coruña conxúrase agora para o ascenso do Leyma a ACB

A Coruña conxúrase agora para o ascenso do Leyma a ACB

Uzal: "Chegar á ACB en dous anos sería histórico"

G24.gal 03/06/2026 16:01 Última actualización 03/06/2026 16:08

Nin María Pita quere perder a final a catro de ascenso á Liga ACB. A heroina viste as mesmas cores que boa parte da cidade esta semana. O Leyma afronta un desafío duplo. Derrotar primeiro a Palencia, e despois Estudiantes ou Oviedo.

 Uzal: "Vai depender moito dos momentos do partido".

Para o anfitrión, un segundo ascenso en dous anos sería un acontecemento para a lembranza.

"Chegar á ACB en dous anos sería histórico".

Non lle vai faltar aos laranxas o pulo dunha afección entregada. Aínda quedan entradas, pero xa se dá por feito que o Coliseum vai volver acariñar o cheo.

"Vai ser como o partido contra o Obradoiro".

Esa xente que agardan poida termar do equipo sobre todo nos momentos fracos. O Leyma xa lle gañou a Palencia na Coruña, pero perdeu en Castela. A igualdade prevese máxima e a tensión hase cortar con coitelo. A G2 levarállela directamente ás súas casas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade