Publicador de contidos

Publicador de contidos

A multinacional tecnolóxica SDG busca máis dun cento de traballadores en Galicia

A multinacional tecnolóxica SDG busca máis dun cento de traballadores en Galicia

Informáticos, enxeñeiros ou matemáticos que poderán traballar desde a casa 

G24.gal 11/11/2021 15:05

A compañía SDG, especializada en análise de datos para empresas, chega a Galicia na busca de talento tecnolóxico. Precisan máis dun cento de traballadores, tanto recentemente graduados como con experiencia profesional nun sector que non deixa de medrar.

"O que buscamos son persoas tituladas en informática, matemáticas, físicas ou enxeñerías que teñan interese ou paixón polo mundo da analítica dos datos e a intelixencia artificial" explica Antonio Torrado González, socio de SDG.

En decembro inaugurarán a súa oficina en Santiago, pensada para formación e xuntanzas. Pero os elixidos poderán traballar en remoto desde a casa nun mercado laboral sen fronteiras.

"Non estamos buscando presencialismo. A nosa idea é ter o talento distribuído alí onde as persoas con esa capacidade queiran vivir e exercer a súa profesión", indica Antonio Torrado.

Destacan o nivel da canteira de profesionais das universidades e centros tecnolóxicos galegos e ofrecen a posibilidade de retelos na terra en que se formaron.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade