Publicador de contidos

Publicador de contidos

A falta de remuda xeracional pon en perigo o futuro das peixerías

A falta de remuda xeracional pon en perigo o futuro das peixerías

Na última década pecharon unhas 5.000 peixerías, e o sector pide máis apoio económico e menos trabas burocráticas

As peixerías son negocios tradicionais que axudan a fixar poboación e xeran moitos postos de traballo

G24.gal 10/11/2025 14:36

Cada vez que se xubila unha peixeira, o negocio xa non volve levantar a reixa. Nas ultima década pecharon 5.000.

 "Hai moito esforzo detrás porque non é so vir aquí hai que ir ao porto, erguerse cedo", explica Mari Paz Montes, peixeira na praza de abastos de Lugo.

Non hai remuda xeracional a pesar de que son negocios rendibles que xeran postos de traballo.

"Se non o poñen doado para que os mozos poidan acceder, para que aluguen os postos...", di Soledad González, peixeira. 

Tampouco axuda a escaseza de peixe e a suba de prezos.

 "Cada día máis duro, porque tes que cumprir cos clientes", engade Soledad González.

Clientes fieis que cren que cun pouco de axuda si hai futuro para estes negocios.

"Nós somos partidarios da venda en liña, nós que vivimos lonxe pedimos cousas a Galicia como empanadas ou marisco", di unha muller.
 

Reducir a burocracia, a formación a baixada do IVE son algunhas das medidas do plan de choque que o Partido Popular levará ao Senado para aliviar a situación deste negocio. 

"O comercio tradicional non o podemos perder é o que fixa poboación o que fai que a xente veña ao centro das cidades", explica o portavoz de Pesca do grupo do Partido Popular no Senado, Manuel Ruiz.

En Galicia funciona o Bono Peixe co que se incentiva o consumo de peixe e marisco e do que xa se beneficiaron 150.000 persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade