Publicador de contidos

Publicador de contidos

70 concellos galegos xa se viron obrigados a aplicar restricións pola seca

70 concellos galegos xa se viron obrigados a aplicar restricións pola seca

En Malpica, a auga da traída non é apta para o consumo polo baixo nivel do río

En Ribadavia só teñen auga da traída 4 horas e media ao día

Os encoros galegos en mínimos pola peor seca da serie histórica en Galicia

G24.gal 14/08/2022 20:50 Última actualización 14/08/2022 22:20

Os camións cisterna énchense sen descanso no río Avia para abastecer a poboación de Ribadavia.
En Malpica, o baixo nivel do río provocou que a auga da traída non sexa apta para o consumo. 

A alternativa é ir á fonte. En Ribadavia só teñen auga da billa catro horas e media ao día. O Maquiáns, o río do  que se abastece a traída, está practicamente seco. Os veciños non lembran unha situación semellante.

O concello declarou o plan de emerxencia e a alerta por seca. Ademais dos camións cisterna, reparten auga para uso doméstico e auga embotellada. 

En Malpica tamén reparten auga en dependencias municipais. O Concello agarda que o río recupere caudal coa chuvia prevista para os próximos días.

Son os problemas da seca, que afecta por igual un concello da Costa da Morte e outro de Ourense. 70 concellos galegos xa se viron obrigados a aplicar restricións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade