Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os encoros galegos, en mínimos pola peor seca da serie histórica en Galicia

Os encoros galegos, en mínimos pola peor seca da serie histórica en Galicia

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil cre que a seca pode durar ata outubro e pide cambios na xestión da auga

Hai 30 concellos, 27 en Ourense e 7 en Lugo, con problemas para abastecer a poboación

A auga da traída en Malpica non é apta para o consumo

Encoro de Belesar
G24.gal 14/08/2022 14:40 Última actualización 14/08/2022 17:36

As previsións apuntan a que a seca vai continuar polo menos ata outubro. O presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil pídelle á poboación que tome conciencia do valor da auga e ás Administracións que tomen medidas a medio e longo prazo para xestionar mellor un recurso que é vital.

O ano máis seco en catro décadas fixo emerxer as ruínas do antigo Portomarín e tamén os restos dun campamento militar romano en Bande. Os encoros están á metade e o caudal dos ríos vai un 43 por cento máis baixo ca o ano pasado. Segundo datos da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, este 2022 recolleuse un 42 por cento menos de precipitacións. O seu presidente asegura que xa desde febreiro viñan advertindo da situación polas previsións meteorolóxicas que daban para todo o noroeste peninsular.

"E ademais son unhas previsións que nos seguen dicindo que durante o mes de agosto, setembro e outubro vai manterse esta situación de seca"

Hai 30 concellos, 23 en Ourense e 7 en Lugo, que teñen problemas de abastecemento. Uns recorreron a cortes puntuais e a camións cisterna. Outros regan rúas e xardíns en días alternos, ou con auga reutilizada, non apta para o consumo, e algún mesmo utiliza drons para vixiar que non se malgaste a auga.

A chuvia que se anuncia para a semana que vén será positiva para os cultivos, refrescará o ambiente e axudará na loita contra os incendios, pero o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil asegura non vai paliar a seca. Advirte de que o cambio climático obriga a facer previsións a longo prazo para mellorar a xestión da auga. Coas fugas nas redes municipais pérdese unha media dun 40 por cento do caudal.

"A concienciación e sensibilización cidadá sobre a importancia da auga é fundamental, e iso combinalo cunha mellora na xestión das administracións"

De momento, Quiroga lembra que os concellos que o soliciten poderán seguir facendo captacións temporais de auga para paliar os efectos da seca. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos