Contido con Temática .
Artes Plásticas

Julia Laport: "Busco transcender en escena e que o público me acompañe"
01/04/2025 14:52
'Para que non me deixes aquí soa' estréase este sábado no Rosalía de Castro
Participan Laura Iturralde na iluminación e Martín Gonçalves na creación e interpretación
Haberá unha actividade de mediación este xoves no Centro Ágora coa intervención de Julia Laport

O edificio Redeiras da UVigo, seleccionado na Bienal de Arquitectura de Venecia
30/03/2025 21:14
A rehabilitación é obra do estudo de arquitectura Abalo Alonso, de Santiago
A Bienal celébrase entre o 10 de maio e o 23 de novembro

30/03/2025 11:30
A Real Academia Galega de Belas Artes dedica a Isaac Díaz Pardo o Día das Artes Galegas
O 1 de abril, Día das Artes Galegas, Xosé Díaz lerá no acto institucional a laudatio a seu pai
O Día das Artes Galegas celebrarase o martes 1 de abril no Teatro Principal de Santiago ás 19h

A artista Noelia Aragundi embelece unha granxa de Paradela cun novo mural
28/03/2025 14:02
Na mesma explotación leiteira xa traballara Diego As, cunha obra de arte urbana de gran formato

21/03/2025 14:46
Pioneira do fotoxornalismo, instalouse en Santiago en 1975 retratando unha Galicia allea ao discurso oficial para as revistas Primera Plana e Interviú
O CCG é depositario do arquivo galego de Anna Turbau para a súa custodia e difusión
O documental 'A mirada de Anna' está dispoñible na plataforma Agalega.gal

Conxelar o tempo a través da fotografía
19/03/2025 14:21
Un grupo de escolares galegos puideron poñer a proba os seus coñecementos en fotografía aplicando técnicas propias de artistas referentes no campo da moda, como é o caso de Irving Penn
Un programa educativo xira arredor da exposición que promove a Fundación Marta Ortega na Coruña para fomentar a visión artística nas aulas

18/03/2025 13:52
Lariño é o primeiro galego presente en Artblocks, a recoñecida galería de Texas especializada en arte dixital
As pezas inspíranse na paisaxe galega, e o autor transmítenos a súa sensibilidade a través da tecnoloxía
Natureza dixital: marea, choiva e algoritmos, de Manuel Lariño, no Espazo Peculiar de Oleiros ata o día 22

O arquitecto pontevedrés Manuel Bouzas alzouse co Premio Princesa de Girona Arte 2025
14/03/2025 18:03
Foi distinguido por unha traxectoria na que combina o deseño, a ecoloxía e a sustentabilidade na arquitectura contemporánea

14/03/2025 14:49
En 1985 un grupo de nais fundaban a Asociación Érguete para levar á esféra pública e política os problemas da drogodenpencia dos seus fillos
Ademais de materiais gráficos, obxectos e documentación da Asoc. Érguete, a mostra inclúe obras de artistas contemporáneas
'Érguete. A pegada das nais. Un berro que cambiou a sociedade' no Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Marco, ata o 8 de xuño

Fernando Blanco: "A esencia da produción humana é abstracta"
12/03/2025 14:56
A mostra de Fernando Blanco 'Paisaxe, conciencia, fábrica' revela a súa alma artística tras 50 anos na arquitectura
Segundo o artista "Na arte máis comprometida coa vida é onde hai maior baleiro de cultura"
A mostra está aberta na Fundación Luís Seoane da Coruña ata o 13 de abril

Os Ilustradores do Urban Sketchers de Vigo conmemoran o día do naturalismo en Galicia
09/03/2025 17:17
Museo do Mar de Vigo celebra este día, creado para achegarse á natureza, coa mirada dun grupo de ilustradores posta na fauna, flora e paisaxe deste pedazo de mar no sur de Galicia
Imbuído polo espírito científico, tantas veces ignorado, o padre Martín Sarmiento, nado neste día, xa se preocupaba no século XVIII do impacto da pesca no censo dos atúns ou as sardiñas

O VII mercado Mona de deseño e ilustración leva a arte a un centro comercial de Vigo
08/03/2025 21:40
Remata a sétima edición do mercado de arte, deseño e ilustración Mona
Durante tres días, artistas galegos ademais doutros dez países expuxeron nos seus postos itinerantes as súas propostas.

Unha editorial e unha galería galegas participan nesta edición de ARCO
06/03/2025 21:11
A galería Nordés e Ediciones Vilaseco expoñen as súas obras na Feira Internacional de Arte Contemporánea
A organización prevé recibir máis de 95.000 visitantes ata o domingo

'Galicia deseñada', unha perspectiva única para comprender a identidade visual de Galicia
06/03/2025 15:07
Participan expertos como o deseñador Pepe Barro, Marcos Dopico, da Facultade de Deseño da Universidade de Vigo, e os especialistas en deseño gráfico contemporáneo Cibrán Rico, e de historia da arte, Suso Vázquez
O libro ten a súa xénese nun proxecto máis amplo que nace dunha exposición na Normal da Coruña
É unha colaboración entre a Universidade da Coruña e a editorial Fabulatoiro

Leandro Lamas: "Quixen resaltar a figura da muller e a calma"
05/03/2025 12:18
'Acuanelas' é unha exposición na que Leandro Lamas mostra o seu imaxinario mais persoal a través da acuarela
Nas quince pezas da mostra, natureza, os paxaros e elementos simbólicos conforman imaxes poéticas en figuras femininas
'Acuanelas', en La Doce espazo de arte, Boiro, ata o 5 de abril

03/03/2025 14:37
Nacenza, a memoria viva das montañas de Ourense retratadas por Amador Lorenzo
O fotolibro está editado por Fabulatorio

28/02/2025 14:46
'Hirundo rustica {Embornais}', de Pablo Otero, na Galería Dodo Dadá, é unha viaxe poética e visual que explora a dualidade entre crear e borrar
O artista convídanos a entrar nun baleiro que comunica dous mundos para xerar novas metáforas a través das nosas miradas
Exposición aberta ata o 22 de marzo en Ourense

26/02/2025 14:32
Radiografías do seu propio corpo, fotos, exvotos..., todo forma parte da arquitectura teatral de 'Beltenebros', a última coreografía de Javier Martín
Este sábado acción performativa arredor da mostra 'Beltenebros' coa pianista Haruna Takebe e a performer Masako Hattori
'Beltenebros' ata o 12 de abril na Zona C de Santiago

A fotografía como pel da cultura contemporánea na mostra 'A pel, epílogo'
25/02/2025 14:38
A pel é o nexo que une a proposta fotográfica de Gabriela Rivera coa do vigués Xabier Fernández na mostra A pel. Epílogo, na sala Altearte de Ourense ata o día 14 de marzo
O bestiario de femias son retratos da chilena Gabriela Rivera Lucero con máscaras de peles e entrañas de animais sacrificados, refugallos da industria cárnica
Xabier Fernández crea un espazo fotográfico que inclúe aos espectadores

24/02/2025 13:27
A historia de Galicia vista a través dos 'Ollos de vidro' nunha mostra no Auditorio de Galicia
O comisario, Germán Labrador, rastreou entre os tecidos das diferentes comunidades fóra do foco mediático e cultural
Son máis de 300 pezas, comentadas polos propios artistas de aquí ata o 25 de maio en varias visitas guiadas

21/02/2025 14:48
A exposición acolle 50 pezas de creación de Carreiro, un mestre da síntese expresiva, tanto nos debuxos coma nos textos
O debuxante segue colaborando en revistas como Tempos Novos ou A Trabe de Ouro e no xornal Nós Diario
Humor para mudar o mundo. Que graza!, Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña ata o 6 de marzo

19/02/2025 14:42
A relación da artista co debuxo é a través dun proceso de contacto entre algo que lle pertence e algo diferente a ela mesma
Nos debuxos renuncia a causalidade, reafirma a potencia do inconsciente contra a lóxica e o determinismo
Ángel Cerviño é o comisario da mostra. 'Lo que me encuentro', SVT Espacio de Arte de Vigo ata o 17 de abril

A natureza humana contada en tatuaxes, na Cidade da Cultura
14/02/2025 15:00
A maior mostra de arte baixo a pel, na Cidade da Cultura
Son 240 pezas extraídas de civilizacións de 5 continentes que representan unha arte milenaria
Hanky Panky, o tatuador de estrelas e mitos, achegou á Cidade da Cultura a súa iconografía da peregrinación

Xoti de Luís: "A linguaxe pictórica ten que ter o soporte da narración por si mesma"
11/02/2025 14:47
'The Wall' presenta 3 series do traballo realizado polo pintor nos últimos anos, pezas que representan arte conceptual de carácter abstracto
Manchas, texturas, formas, cores expresan diferentes emocións do artista
'The Wall'-Xoti de Luís. Ata o 2 de marzo no Marcos Valcárcel (Ourense).

Adeus a Xosé Vizoso, deseñador da imaxe dun país
10/02/2025 14:37
En contraste coa máis sobria liña de Sargadelos, os seus numerosos carteis consagraron un estoupido de cor para mostrar a Galicia máis enxebre
En 1968 acadou o Premio Nacional de Escultura, outra das súas menos coñecidas facetas
Dúas exposicións, na Cidade da Cultura e no Museo de Lugo, percorren parte da súa traxectoria

Falece o artista gráfico Xosé Vizoso, homenaxeado este ano no Día da Ilustración
09/02/2025 14:05
Premio Nacional de Escultura en 1968 foi deseñador da cerámica de Sargadelos durante catro décadas
A Cidade da Cultura acolle unha mostra sobre a súa traxectoria na Biblioteca de Galicia

Tadahiko Horiguchi: "Todo é parte de min, as miñas creacións son como os meus fillos"
07/02/2025 13:22
Fonseca expón 'A orixe do anime na mirada de Tadahiko Horiguchi', un dos fundadores do anime xaponés
As 28 obras reflicten a dualidade do día e a noite en creacións coa natureza e a cidade como protagonistas
A mostra, incluída no marco da Cátedra USC-Araguaney para o Diálogo entre Culturas, poderase visitar ata o 28 de febreiro no Pazo de Fonseca en Compostela

40 anos de autonomía de Galicia a través das caricaturas de Siro López
06/02/2025 19:23
A mostra de Afundación reúne unha selección de 230 viñetas políticas elaboradas por Siro López entre 1985 e 2006 en que se lembran os momentos de maior transcendencia política de Galicia e os seus protagonistas

Declaran o mural de Cristóbal Persona en Fene como o mellor do mundo tras descualificar dúas obras
06/02/2025 10:34
O traballo premiado é o titulado Charanguista Andino, unha representación dun músico que o pintor chileno lles dedicou ás comunidades indíxenas
A organización Street Art Cities descualificou os dous primeiros clasificados tras detectar irregularidades na votación na que se empregaron "métodos para inflar o reconto"

O primeiro grafiteiro contemporáneo do mundo inaugura en Santiago xira europea
05/02/2025 21:16
Cornbread, pan de millo, comezou en 1965 a bombardear Filadelfia coa súa sinatura e acabou convertido en lenda
Prefire non falar de vandalismo, senón de arte, ao referirse ao graffiti, un movemento hoxe convertido en fenómeno planetario

'MAN', o fotolibro que naceu de habitar os espazos de Manfred en Camelle
05/02/2025 14:27
'MAN' de Lois Cid & Antonio Cortés do Colectivo Cadela Negra foi editado por Alauda Negra
Man morreu o 28 de decembro de 2002 e deixou o seu legado na Costa da Morte
'MAN' gañou o III Premio de Fotografía Documental Galega do FFoco Festival de Fotografía

Mar Caldas: "A ética republicana do traballo sempre estivo presente na miña familia"
05/02/2025 14:23
A mostra abre unha fenda conceptual no construto neoliberal e patriarcal, que lle deu unha escasa consideración ao traballo das mulleres
Caldas acode a mecanismos conceptuais como a arte feminista, a posmemoria ou o documental autoetnográfico
Mulleres, traballo e memoria, Centro Galego de Arte Contemporánea ata o 25 de maio

Nerea Cordeiro: "Quixen crear unha linguaxe a partir da idea da arañeira"
31/01/2025 13:49
'Sobre debuxar, fiar e habitar' é un dos proxectos seleccionados de intervención artística para a Zona C
A exposición dá cotinuidade a proxectos anteriores da autora como 'Ciudades telaraña'
A exposición pódese ver na Zona C de Santiago ata o próximo 9 de febreiro

Falece en Arousa aos 72 anos o escultor César Lombera
26/01/2025 21:37
Unha das súas obras máis icónicas é As dúas Marías que loce na Alameda de Santiago

A tradicional técnica do esgrafiado xa é Patrimonio Cultural de Galicia
25/01/2025 13:30
Esta técnica construtiva ancestral xeneralizouse no século XIX e principios do século XX nas paredes e fachadas das casas tradicionais galegas

Irving Penn, o fotógrafo que entendía a cámara como bisturí e stradivarius á mesma vez
24/01/2025 17:09
Con esta cuarta mostra da súa serie dedicada a grandes fotógrafos, a Fundación MOP vai un paso máis aló das anteriores
Irving Penn inventou en boa medida a fotografía de moda de alta costura creando un estilo máis artístico que comercial

Xosé Búa: "Os percebeiros cando saltan ás pedras deixan as súas almas na terra, coma guerreiros"
24/01/2025 13:07
O fotógrafo muxián retratou as xornadas de traballo no mar en Homes e mulleres de sal e ferro. Percebeiros da Costa da Morte, editado por Canela
O relato visual vai acompañado de textos e poemas de sete autores da Costa da Morte

Mery Pais: "O feito de vestirnos diferentes non nos fai diferentes"
23/01/2025 14:16
En 'Ley eterna' Mery Pais emprega refinados e coloristas tecidos que como unha crisálida se agochan nunha túnica negra
É un traballo que continúa coa súa liña de investigación sobre a relixiosidade, as crenzas e as pontes entre culturas

Marina G. Guerreiro: "Gústame crear a sensación de tempo detido"
22/01/2025 12:33
'Canción de río', unha mostra sobre os ciclos da auga e a súa relación coa memoria
Marina crea pezas froito da acumulación, que buscan a orde dentro da desorde
Mostra aberta na galería Néboa de Lugo ata o vindeiro 8 de febreiro

Alberto Ardid: "Cada peza é unha pelexa a morte entre a pintura e mais eu"
21/01/2025 14:29
Alberto Ardid advirte: 'Cuidado com o cao', na sala Sirvent de Vigo
É unha mostra para perder o medo a mirar na que ironiza sobre o uso dos ganchos