A fotografía como pel da cultura contemporánea na mostra 'A pel, epílogo'
A pel é o nexo que une a proposta fotográfica de Gabriela Rivera coa do vigués Xabier Fernández na mostra A pel. Epílogo, na sala Altearte de Ourense ata o día 14 de marzo
O bestiario de femias son retratos da chilena Gabriela Rivera Lucero con máscaras de peles e entrañas de animais sacrificados, refugallos da industria cárnica
Xabier Fernández crea un espazo fotográfico que inclúe aos espectadores
A pel como concepto é o lazo que une as dúas propostas fotográficas que estes días se expoñen no campus de Ourense.
Os autores son o vigués Xabier Fernández, que reflexiona sobre o que hai máis aló das aparencias, e a chilena Gabriela Rivera, que constrúe unha poderosa alegación contra a infamia e a crueldade. Falamos co comisario da mostra, Xosé Lois Vázquez.