Cargando resultados...
Adeus a Xosé Vizoso, deseñador da imaxe dun país
En contraste coa máis sobria liña de Sargadelos, os seus numerosos carteis consagraron un estoupido de cor para mostrar a Galicia máis enxebre
En 1968 acadou o Premio Nacional de Escultura, outra das súas menos coñecidas facetas
Dúas exposicións, na Cidade da Cultura e no Museo de Lugo, percorren parte da súa traxectoria
G24.gal
10/02/2025 14:37
Última actualización 10/02/2025 16:48
Xosé Vizoso foi un dos artistas que deseñou a imaxe da Galicia contemporánea. O seu longo traballo en Sargadelos conformou un universo que mostrou ao mundo as cores e as liñas dun país. Morreu onte, pouco despois de que dúas exposicións lembraran a súa traxectoria e de que se lle dedicara o Día da Ilustración.