Publicador de contidos

Publicador de contidos

Amador Lorenzo: "O Macizo Central mantén modos de vida moi singulares que loitan para non desaparecer"

Amador Lorenzo: "O Macizo Central mantén modos de vida moi singulares que loitan para non desaparecer"

Nacenza, a memoria viva das montañas de Ourense retratadas por Amador Lorenzo

O fotolibro está editado por Fabulatorio
 

G24.gal 03/03/2025 14:37 Última actualización 03/03/2025 16:38

Facemos  unha viaxe ás montañas de Ourense a través da mirada do fotógrafo Amador Lorenzo. Durante vinte anos retratou a vida e a paisaxe das xentes de Manzaneda e a Queixa.  O resultado son dous libros, Nacenza e Curro da Mosenda, onde o seu obxectivo capta a esencia de persoas e bestas, paisaxes, festas e oficios que resisten e sobreviven no Macizo Central. 
E tamén a unha historia da amizade do fotógrafo co veterinario Manoel Araúxo e o escritor Manuel Jobois, que participa nas viaxes e no libro.   

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade