Cargando resultados...
A natureza humana contada en tatuaxes, na Cidade da Cultura
A maior mostra de arte baixo a pel, na Cidade da Cultura
Son 240 pezas extraídas de civilizacións de 5 continentes que representan unha arte milenaria
Hanky Panky, o tatuador de estrelas e mitos, achegou á Cidade da Cultura a súa iconografía da peregrinación
G24.gal
14/02/2025 15:00
Última actualización 14/02/2025 16:37
Non paramos de velos, cada vez máis estendidos sobre a pel do corpo e xa son obxecto de culto, marca da personalidade ou fetiche de moda. Pero as tatuaxes reflicten tamén unha determinada cultura e sociedade, un estado da natureza humana.
Na Cidade da Cultura ofréncennos unha viaxe por máis de 18 países seguindo a historia das tatuaxes: 'Tatto. Arte baixo a pel'.