Adeus a Anna Turbau
Pioneira do fotoxornalismo, instalouse en Santiago en 1975 retratando unha Galicia allea ao discurso oficial para as revistas Primera Plana e Interviú
O CCG é depositario do arquivo galego de Anna Turbau para a súa custodia e difusión
O documental 'A mirada de Anna' está dispoñible na plataforma Agalega.gal
Estes días recibiamos a triste noticia do pasamento de Anna Turbau, a muller que documentou a transición galega cunha ollada singular que conectou coa almas dos tempos. O traballo desta fotoxornalista catalá é fundamental para entender o que se movía na Galicia dos anos setenta fóra do relato oficialista dunha Galicia adormecida e tranquila. O seu legado amosa a outra realidade, a dun país consciente de si mesmo con ansia de saír das épocas escuras.