Cargando resultados...
Tadahiko Horiguchi: "Todo é parte de min, as miñas creacións son como os meus fillos"
Fonseca expón 'A orixe do anime na mirada de Tadahiko Horiguchi', un dos fundadores do anime xaponés
As 28 obras reflicten a dualidade do día e a noite en creacións coa natureza e a cidade como protagonistas
A mostra, incluída no marco da Cátedra USC-Araguaney para o Diálogo entre Culturas, poderase visitar ata o 28 de febreiro no Pazo de Fonseca en Compostela
G24.gal
07/02/2025 13:22
Última actualización 07/02/2025 16:21
A integración da cultura xaponesa do anime e do manga forma parte da nosa historia convertida nunha corrente que non para de avanzar; por iso a súa arte achégase agora co artista xaponés Tadahiko Horiguchi.
Horiguchi non puido estar en persoa en Galicia, pero podemos coñecer a súa obra pictórica no colexio Fonseca, son "28 pinturas, do día á noite".