Publicador de contidos

Publicador de contidos

Santi Yusta machuca as opcións do Leyma Coruña nos últimos 30 segundos (84-76)

Santi Yusta machuca as opcións do Leyma Coruña nos últimos 30 segundos (84-76)

O partido estivo moi igualado ata o treito final no que Zaragoza tivo máis tino

O Leyma queda a catro vitorias da salvación, con só cinco xornadas para rematar a fase regular da ACB

G24.gal 30/04/2025 20:45 Última actualización 30/04/2025 21:55

O Leyma Coruña perdeu en Zaragoza (84-76) un partido que dominou durante moitos minutos pero acabou caendo malia chegar empatado no último minuto. 

O primeiro cuarto seguiu na tónica do realizado polo Leyma Coruña ao longo da temporada. Moito ritmo de anotación e baixa intensidade defensiva. O cadro coruñés chegou a ter unha vantaxe de cinco puntos (13-18) pero o Casademont Zaragoza, con catro triplas case consecutivas equilibrou o parcial (26-27). A dinámica mudou totalmente no segundo cuarto. O Zaragoza aproveitou o atasco do Leyma para coller o mando no resultado (34-32) despois dun parcial de 8-0. Pero o Leyma respostou dun xeito contundente e nos últimos cinco minutos antes do lecer conseguiu un 2-16 que os levou ao vestiario nunha boa situación (36-48). 

Parecía o partido controlado pero a reacción do Zaragoza chegou no terceiro cuarto. Cun 11-2 o equipo local conseguiu poñerse por diante despois de moitos minutos (54-53). O Leyma aguantou e mantivo a compostura para entrar no último cuarto en vantaxe (59-62). 

O último período comezou con pouco tino e máxima igualdade. A 4 minutos para o final o resultado era de 69-69. Unha tripla de Bell Haynes puxo por diante a Zaragoza pero respondeu Taylor para empatar (74-74) a menos de dous minutos. Santi Yusta anotou dous tiros libres (76-74) para entrar no último minuto por diante o equipo local. Scrubb devolveu a igualdade pero Yusta apareceu a 0:30 cunha tripla decisiva para deixar a Leyma contra as cordas (79-76). Os tiros libres de Spissu, e unha tripla de Yusta no último segundo acabaron decidindo para o Zaragoza, un resultado que deixa os coruñeses con pé e medio na Primeira FEB. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade