Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yolanda Díaz anuncia a tramitación urxente do rexistro horario

Yolanda Díaz anuncia a tramitación urxente do rexistro horario

A vicepresidenta segunda do Goberno e responsable de Traballo carga contra Garamendi desde Ferrol: "Non sabe o que é traballar 40 horas"

Díaz confirma que o control horario se aprobará por decreto no próximo Consello de Ministros

Yolanda Díaz durante a inauguración das novas instalacións de CCOO e a UXT en Ferrol (Europa Press/Raúl Lomba) Yolanda Díaz durante a inauguración das novas instalacións de CCOO e a UXT en Ferrol (Europa Press/Raúl Lomba)
G24.gal 26/09/2025 13:18 Última actualización 26/09/2025 14:19

A vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, anunciou este venres en Ferrol que o Goberno tramitará pola vía de urxencia o rexistro e control horario en España, despois de que a lei de redución de xornada laboral fose rexeitada na votación parlamentaria.

Durante a inauguración das obras de remodelación das sedes de CC. OO. e UXT, Díaz defendeu a redución de xornada como o "motor de arranque da historia" do dereito laboral e confirmou que cumprirá coa súa promesa de levar adiante unha "peza clave para a clase traballadora". "O vindeiro martes vai con carácter de urxencia a tramitación o control horario, do rexistro horario no noso país", manifestou.

Así, a ministra explicou que esta medida, un punto que non requiría rango de lei e que os sindicatos lle pediron segregar do proxecto derrotado, é fundamental para garantir o cumprimento da xornada e controlar o exceso de horas extras non remuneradas, especialmente en sectores con peores condicións de negociación como o comercio e a hostalería.

Nesta intervención, Díaz aproveitou para dirixirse directamente a Antonio Garamendi, presidente da CEOE, ao que acusou de machismo e de non ser a "maioría social" do país.

"Quero dicirlle claramente que non permitimos que persoas como o señor Garamendi, que cobran salarialmente 25 veces máis que o salario mínimo, nos dea leccións de redución de xornada laboral. O señor Garamendi con machismo rampante non sabe o que é traballar 40 horas á semana", sentenciou a vicepresidenta.

Tamén fixo referencia a vicepresidenta segunda á derrota parlamentaria sufrida o día anterior, que atribuíu ao voto en contra do Partido Popular. Ironizou sobre a seriedade do PP durante a votación, indicando que as súas caras eran de "pésame" e non aplaudían a derrota porque eran conscientes de que estaban "batendo na cara a 12 millóns e medio de traballadores e traballadoras".

Por último, Díaz concluíu o seu discurso asegurando que a batalla pola xornada laboral xa está "gañada na rúa" e que, a pesar das resistencias, a "forza da razón é imparable".

Yolanda Díaz acompañada do alcalde da cidade, José Manuel Rey, e do subdelegado do Goberno, Julio Abalde (EFE/Kiko Delgado) Yolanda Díaz acompañada do alcalde da cidade, José Manuel Rey, e do subdelegado do Goberno, Julio Abalde (EFE/Kiko Delgado)

Antes da inauguración da nova sede sindical, Yolanda Díaz, acudiu ao concello onde realizou unha visita institucional, e onde mantivo un encontro co alcalde da cidade, José Manuel Rey, e asinou no libro de ouro da cidade.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade