Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yolanda Díaz aposta por un dique cuberto en Navantia Ferrol para reforzar a produción

Yolanda Díaz aposta por un dique cuberto en Navantia Ferrol para reforzar a produción

A vicepresidenta do Goberno defende investimentos históricos no estaleiro e chama a acelerar a reindustrialización

O comité de empresa reclama melloras laborais, un dique de nova construción e máis formación

Raúl Lomba/Europa Press Raúl Lomba/Europa Press
G24.gal 25/09/2025 16:41

A vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, defendeu este xoves en Ferrol a construción dun dique cuberto en Navantia como infraestrutura clave para mellorar a capacidade produtiva do estaleiro.

“Deféndoo no Consello de Ministros, deféndoo publicamente e sempre que teño ocasión”, afirmou durante unha visita oficial ás instalacións.

Díaz destacou que o compromiso de investimento do actual Executivo coa compañía pública é o máis importante da historia do país.

Subliñou tamén que Navantia representa “a maior carta de presentación da marca España” e do modelo de soberanía tecnolóxica.

A ministra pediu que as prazas de emprego se cubran con rapidez e sumouse á demanda sindical de reforzar a formación con competencias da Xunta.

A vicepresidenta vencellou as cifras mínimas de paro en Ferrol cos fortes investimentos do Goberno e reclamou modernizar as instalacións para manter a competitividade.

Enfatizou que a industria é xeradora de postos de traballo de calidade e con condicións sólidas. Pechou a súa intervención cun chamamento a acelerar a reindustrialización para que a industria chegue ao 20 % do PIB, un obxectivo do que España aínda está lonxe.

O comité de empresa di que o dique cuberto abaratará custos nun 25 %

Na súa intervención ante Díaz, o presidente do comité de empresa, Carlos Díaz (MAS), agradeceu o apoio do Goberno pero reclamou unha “inversión estratéxica e melloras laborais”.

Subliñou que a construción do macrotaller de bloques debe acompañarse dun dique cuberto de nova obra que permitiría abaratar custos nun 25 %, segundo datos da propia compañía.

No plano laboral, criticou a lentitude na negociación do convenio colectivo, que se someterá a votación o 15 de outubro, tras máis de tres anos de negociación.

Ademais, pediu un coeficiente redutor para facilitar a xubilación anticipada de traballadores veteranos da industria auxiliar, como soldadores e guindastristas, que seguen en activo con máis de 60 anos.

O comité reclamou tamén un plan serio de formación en colaboración coa Xunta, co obxectivo de manter a redución do paro en Ferrolterra e garantir a preparación de novos profesionais. “Cómpre modernizarse e actualizarse para seguir dando a calidade que estamos dando”, concluíu o líder sindical.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade