Yolanda Díaz di, nun lapsus verbal, que "hai Goberno de corrupción para rato"
O PP afeoulle no Senado que non rompa a coalición co PSOE
O Partido Popular acusou a Yolanda Díaz de estar sostendo un Goberno que cualifican de corrupto. Nun lapsus verbal, a vicepresidenta segunda asegurou que "hai goberno de corrupción para rato".
A tirapuxa empezou con estas palabras de Alicia García, senadora do PP: "Nunca lle preguntou a Sánchez polos negocios da súa muller, nin polo rescate de Air Europa, nin polos seus camaradas Ábalos, Koldo e Cerdán?".
Yolanda Díaz, vicepresidenta Segunda do Goberno, respondeu: "Sabe cantas propostas fixo o presidente do Partido Popular para previr a corrupción?. Xa llo digo eu: cero patatero, como diría José María Aznar".
A senadora popular incidiu: "Ante a investigación xudicial sobre o financiamento ilegal do Partido Socialista, vostede vaise ir do Goberno si ou non?".
Aí foi cando Yolanda Díaz cometeu o lapsus verbal, ao afirmar: "Hai Goberno de corrupción para rato, sigan así e non gobernarán nunca!.