Publicador de contidos

Publicador de contidos

A odisea dun galego para fuxir de Kuwait: "Ao retumbar todo, aí dis: hai que saír"

A odisea dun galego para fuxir de Kuwait: "Ao retumbar todo, aí dis: hai que saír"

"Kuwait é un país moi tranquilo, pero, cando atacan Irán, ao día seguinte xa cambia todo", conta Bruno García, seleccionador de fútbol sala do país árabe

A súa viaxe durou catro días, incluíndo 13 horas de bus a través do deserto

G24.gal 13/03/2026 20:41

Bruno García conta que remataba febreiro en Kuwait con normalidade, pero chegou a guerra e cambiou a vida diaria.

"É difícil de explicar. O país non está en guerra, pero hai unha calma tensa"

Di o ferrolán que aí comezou unha semana chea de incerteza e medo. Dende a súa ventá, nun andar 19, vía o fume dos ataques.

"E vén a sirena, e empeza a tremer a man que tiña apoiada na ventá porque o edificio e moi alto, e ao retumbar todo... Aí dis: hai que saír de aquí", relata o seleccionador de fútbol sala de Kuwait

Bruno vive a un quilómetro da embaixada dos Estados Unidos en Kuwait, que foi atacada.

"A embaixada española chamábanos cada día para dicirnos que abandonaramos o país"

Os diplomáticos ofrecéronlles viaxar en autobús dende Kuwait ata Arabia Saudí. 

"Estamos falando duns 800 quilómetros, 13 horas no autobús. Mirabas por unha ventá e vías deserto; mirabas pola outra, e deserto. Aquilo era tremendo. Foi toda unha aventura"

Xa en Arabia Saudita, é a Federación Española de Fútbol a que se encarga do avión para profesionais españois do fúbol. A fuxida ía chegando á súa fin.

E, tras catro días de viaxe, xa en Galicia, Bruno García pensa en poder volver a Kuwait.

"Eu teño un contrato alí. Se todo vai normal, teño que volver"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade