Publicador de contidos

Publicador de contidos

A certificación das máscaras do caso Koldo chega ao Senado con Yolanda Díaz

A certificación das máscaras do caso Koldo chega ao Senado con Yolanda Díaz

O PP acusa a Yolanda Díaz de avalista da corrupción do Goberno

A vicepresidenta do Goberno defende o traballo do seu Ministerio en pandemia

G24.gal 04/11/2025 19:41

No último informe da UCO aparece tamén o nome de Yolanda Díaz, xa que era o seu ministerio o encargado de certificar as máscaras do caso Koldo. A vicepresidenta defende no Senado o traballo feito polo instituto de Seguridade e saúde no traballo. Mentres, o PP acusa a Díaz de avalista da corrupción e pide a dimisión do Ministro Ángel Víctor Torres.

"Hoxe a UCO di que vostede, señora Díaz, é a certificadora das máscaras de Torres. Vai pedir a dimisión de Torres ou vai marchar vostede señora Díaz? É avalista solidaria da corrupción que rodea ao Goberno", afirmou Alicia García, do Partido Popular

"Estou moi orgullosa dun instituto que vostedes recortaron, que é o instituto de Saude e seguridade no traballo, que valida todas as mácaras en pandemia e faino hoxe, e valida todo o material de traballo todos os días de todas España. Vostede debería ter aproveitado para darlles as grazas polo traballo que fixeron ", dixo Yolanda Díaz

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade