Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno pretende aprobar o martes o decreto anticrise, segundo Yolanda Díaz

O Goberno pretende aprobar o martes o decreto anticrise, segundo Yolanda Díaz

A vicepresidenta segunda asegura que as medidas prioritarias son controlar o prezo da enerxía, protexer a cidadanía ante os desafiuzamentos e que non se despida a ninguén

Arquivo/Alberto Ortega/Europa Press Arquivo/Alberto Ortega/Europa Press
G24.gal 12/03/2026 09:36

A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, asegurou que o Goberno espera aprobar no Consello de Ministros do próximo martes o decreto lei co paquete de medidas anticrise para mitigar o impacto da guerra contra Irán.

Segundo dixo, as medidas prioritarias que debe incluír son controlar o prezo da enerxía e que non se despida a ninguén, mentres que para protexer a cidadanía habería que actuar fronte aos desafiuzamentos e conxelar arrendamentos. 

A vicepresidenta aclarou que as medidas incluídas no decreto lei entrarían inmediatamente en vigor coa publicación da norma no Boletín Oficial do Estado (BOE), que normalmente ocorre o día despois do Consello de Ministros.

O paquete anticrise

A ministra de Traballo explicou nunha entrevista en TVE que o paquete incluirá a prohibición de despedimentos por causas enerxéticas "como fixemos noutras crises", e lembroulles aos autónomos e ás empresas que dispoñen de diferentes mecanismo legais para actuar nestes casos e "non ter que despedir a ninguén".

Recoñeceu que hai diferenzas respecto a a conxelación dos alugueiros, unha medida que Sumar defende, pero que non concita o apoio de todo o Executivo; á vez que confiou en que se poida actuar fronte aos desafiuzamentos.

Así mesmo, referiuse á anticipación de plans de mobilidade -xa previstos, pero pendentes de aprobación- "para que os transportes sexan colectivos nas empresas ou polo menos nas empresas grandes". Unha medida á que se sumará "toda a intervención de control de prezos na área de Facenda e da fiscalidade nos sectores produtivos máis afectados polo incremento dos prezos do gasóleo". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade