Publicador de contidos

Publicador de contidos

Remuda xeracional feminina nunha granxa da Pastoriza

Remuda xeracional feminina nunha granxa da Pastoriza

Con 25 e 32 anos decidiron apostar por un sector, o do rural, que consideran necesario conectalo coa realidade

G24.gal 21/11/2025 13:54

A historia de Laura e Natalia é a de dúas irmás da Pastoriza, en Lugo, que apostaron polo rural e o traballo na explotación gandeira familiar. Con 25 e 32 anos, son a terceira xeración dun sector que, lonxe de deixalo morrer, queren visibilizalo e poñelo en valor. 

Por iso dan a coñecer o seu día a día nas redes sociais e a través de visitas guiadas tanto para nenos como para adultos. Laura Camiño Prieto asegura que "non lle custou tomar a decisión de dedicarse á gandería porque o mamaron desde pequeniñas axudando os seus pais e porque sempre lles transmitiron o seu traballo con paixon e amor". Engade ademais que "está moi orgullosa do que fai, e que non hai nada mellor que traballar no que che gusta". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos