Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yolanda Díaz insiste nas críticas a Junts: "O diálogo non é todo ou nada"

Yolanda Díaz insiste nas críticas a Junts: "O diálogo non é todo ou nada"

O PSOE desmárcase da vicepresidenta de Sumar e "tende a man" ao partido de Carles Puigdemont

G24.gal 12/09/2025 14:54

O mércores pasado, os deputados de Junts escoitaron palabras fortes da vicepresidenta segunda, visiblemente molesta porque caía no Congreso a súa medida estrela, a redución da xornada laboral.

Dende entón, Yolanda Díaz seguiu criticando os de Puigdemont. Este venres aseguroulle aos xornalistas que negociou con Junts "máis de seis meses", para engadir a continuación que "o diálogo non é todo ou nada".

Pero no PSOE son conscientes dos números, de que precisan os votos de Junts, e por iso queren desmarcarse do ton da vicepresidenta de Sumar.

Para Félix Bolaños, ministro da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, os debates, en ocasións, son "vehementes" e as posicións deféndense "con paixón". Sen embargo, defende, o Goberno mantén unha "relación fluída, normalizada, de respecto mutuo" con todos os grupos parlamentarios do Congreso, "particularmente cos que apoiaron a investidura".

Tamén a vicepresidenta primeira e ministra de Facenda, María Jesús Montero, quixo deixar claro que "máis alá da intensidade do debate, man tendida a Junts".  Man tendida para negociar, non só a xornada laboral senón tamén os Presupostos Xerais do Estado.

Pola contra, para Alberto Núñez Feijóo, presidente do PP, "quen goberna sen presupostos, sen maioría parlamentaria, atacando aos xuíces, o que fai é secuestrar a democracia da nación española".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade