Yago Iglesias "O liderado é anecdótico. Querémolo en maio"
O técnico analiza o liderado na 2ª RFEF

Crecendo xornada a xornada, o conxunto do Lérez foi quen de chegar á cabeza da categoría, xusto antes do remate do ano. O seu técnico falou con Andrés Vieites para valorar o triunfo ante o Fabril e a posición privilexiada na clasificación.
"Houbo dous partidos nun. Hoxe o Fabril entrou ben no partido. Na primeira que tiveron marcaron. Logo fomos quen de facer o que queriamos. Nos vestiarios axustamos e quixemos deixarlles o balón a eles porque sabiamos que podíamos aproveitar á contra. O equipo vai gañando adeptos polo que fai. Temos esixencia, pero estamos mellorando. Temos a sensación de que os que xogan contra nós veñen con todos os sentidos postos. É un reto para nós, é ilusionante. O liderado é anecdótico. Querémolo en maio".