Publicador de contidos

Publicador de contidos

Antón Guisande confía no ascenso do Compostela

Antón Guisande confía no ascenso do Compostela

O cadro santiagués parte cunha vantaxe de 3 goles (3-0) de cara á volta do ascenso a Segunda Federación. 

O partido ante o Badalona, este domingo ás 12:30 horas (en directo na G2) 

G24.gal 18/06/2026 09:18 Última actualización 18/06/2026 10:27

A S. D. Compostela afronta este domingo o partido máis importante da tempada, a volta da eliminatoria final polo ascenso a Segunda Federación ante o Badalona, na súa casa. Antón Guisande, un dos xogadores máis importantes do equipo, puxo en valor o traballo e o esforzo do equipo pero conscientes da dificultade do encontro. 

"O equipo o merece. Estivo loitando todo o ano e traballando moito". 

"O fútbol danos outra oportunidade e estaría ben aproveitala, porque fixemos un bo traballo o pasado domingo".

O extremo de 26 anos advirte de que a eliminatoria non está pechada a pesar do 3-0 da ida. Seu rival, o Badalona, xa sabe o que é remontar.

"Non nos podemos fiar contra este equipo. Saben o que é remontar. Ca Cornellà mesmo, que foi un 4-1".

"Sabíamos que nos tocou o peor equipo que podía tocarnos. Os cataláns sempre son grupos moi fortes". 

Guisande cree que o Compos debe manter a súa identidade e apelar a unión entre os xogadores e afección para pechar o ascenso. 

"A pesar do 3-0, non temos que meternos atrás. O obxectivo é fixaros en nós, facer un bo partido e traballar moi ben en ataque e en defensa". 

"Nós temos que facernos fortes co que temos e sacar o resultado adiante que é o máis importante".

Por último tamén deixou claro a fortaleza do equipo afirmando que teñen moi bo equipo para facer fronte a calquera. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade