Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lupe Murillo cualifica a tempada de "ilusionante e marabillosa" e abre negociacións co Rubén Domínguez

Lupe Murillo cualifica a tempada de "ilusionante e marabillosa" e abre negociacións co Rubén Domínguez

A presidenta do Pontevedra anuncia que continuará "a loita" pola vía civil tras quedar sen playoff 

G24.gal 01/06/2026 15:51 Última actualización 01/06/2026 15:58

A presidenta do Pontevedra C. F., Lupe Murillo, compareceu ao mediodía deste luns na sala de prensa de Pasarón para facer o balance dunha tempada 2025/26 que cualificou "entre notable e sobresaliente" alén de ser "ilusionante e marabillosa".

Pero Murillo tamén tocou aspectos deportivos claves para a confección do novo proxecto do Pontevedra como a renovación de Rubén Domínguez e o seu corpo técnico, que parece seguir unha vía positiva, e a saída de Jacobo Maestre.

"Os xogadores están de vacacións e a renovación do corpo técnico, do primeiro adestrador e do segundo, está aberta hoxe por hoxe".

Lupe Murillo, anuncia máis batalla polo que considera un atropelo ao seu club, que quedou ás portas de disputar o playoff polo ascenso.

"Calquera recurso na vía civil xa non nos deixará xogar o playoff nin ascender de categoría, pero pediremos que nos dean algo se nos toca, xa que non nos deixaron xogar", indicou a responsable do consello de administración granate.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade