Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xuventude oferta máis de 11.500 prazas de ocio e tempo libre para este verán

Xuventude oferta máis de 11.500 prazas de ocio e tempo libre para este verán

Ademais de ofrecerlle á rapazada unha experiencia lúdica, o programa da Xunta pretende facilitar a conciliación da vida familiar e laboral

G24.gal 16/06/2024 10:52 Última actualización 16/06/2024 12:28

A campaña de ocio e tempo libre para xuventude deste verán oferta máis de 11.500 prazas en campamentos, campos de voluntariado e actividades de lecer en aloxamentos turísticos.

Ademais de proporcionarlles á rapazada unha experiencia lúdica fóra das súas casas, pretende facilitar a conciliación da vida familiar e laboral tres o remate do curso.

Última semana de escola coa cabeza xa posta nas vacacións, e coa data de inicio do campamento marcada no calendario. O 29 de xuño chegarán os primeiros cativos e cativas ás instalacións da Xunta, que este ano son 36 en toda Galicia, tres delas novas.

"Son máis de 7.000 prazas. 7611 prazas de campamento para nenos entre 9 e 16 anos. Aí ofrecemos diferentes campamentos, repartidos por toda a xeografía galega e temos catro novos, dous de tipo creativo e artístico, un de medio ambiente e un musical, que se desenvolve no Monte do Gozo", explica Lara del Carmen Meneses, directora xeral de Xuventude.

Ademais para a rapazada de entre 9 e 14 anos hai tamén o programa de minicampamentos "Coñece Galicia", que ofrece 700 prazas para estadías de luns a venres en aloxamentos turísticos.

Persoas con diversidade funcional

O número de prazas reservadas para persoas con diversidade funcional superou nesta campaña as 300 con tres campamentos específicos en instalacións adaptadas e prazas na oferta xeral. 

Cumprida xa a data de adxudicación, desta hora só queda algún lugar sobrante do sorteo xeral de campamentos e en campos de traballo.

"O luns abrimos a solicitude e os primeiros que completen o formulario serán os adxudicatarios desas prazas se presentan a documentación en prazo", asegura Meneses.

Para a mocidade de 18 a 30 anos, ademais dos campos de traballo, teñen este verán 200 prazas en 5 programas lúdicos en quendas de xoves a domingo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos