Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xunta e Goberno construirán 500 vivendas asequibles e eficientes

Xunta e Goberno construirán 500 vivendas asequibles e eficientes

Serán vivendas de protección pública en alugueiro social ou asequible

O Goberno porá 24 millóns dos fondos europeos de recuperación e a Xunta, 44 millóns

60 edificaranse en Compostela, 98 na Coruña, 207 en Vigo, 76 en Pontevedra e 58 en Lugo.

A ministra de Axenda Urbana e a conselleira de Infraestruturas, asinando o convenio
G24.gal 28/11/2022 16:10 Última actualización 28/11/2022 16:49

A ministra de Axenda Urbana, Raquel Sánchez, asinou este luns dous convenios coa conselleira de Infraestruturas, Ángeles Vázquez, para construír 499 vivendas de protección pública en alugueiro social ou alcanzable en edificios enerxeticamente eficientes.

Para este fin, o ministerio achegará 24,5 millóns dos fondos europeos de recuperación e a Xunta, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo achegará os restantes 44 millóns.

Trátase de vivendas que se destinarán ao alugueiro para familias con ingresos inferiores a 20.265 euros anuais (2,5 veces o IPREM).

Sesenta edificaranse en Compostela, 98 na Coruña, 207 en Vigo, 76 en Pontevedra e 58 en Lugo.

O obxectivo é "facilitar o acceso a unha vivenda digna, sostible e alcanzable, no marco Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR)", segundo informa unha nota do Ministerio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade