Estrella Galicia inaugura unha nova fábrica para ampliar a produción ata os 900 millóns de litros
A nova planta prevé a creación de 600 postos de traballo directos e 10.000 indirectos
A compañía coruñesa Estrella Galicia amplía a súa produción grazas á nova fábrica que acaba de inaugurar en Arteixo. A nova planta, cun investimento de 500 millóns de euros, prevé a creación de 600 postos de traballo directos e 10.000 indirectos.
O novo centro ten unha capacidade de produción de 900 millóns de litros de cervexa.
Coa nova factoría no polígono de Morás, Estrella Galicia dótase por primeira vez, dunha “segunda cociña” para producir a súa gama de cervexas. Nos novos tanques repítese a fórmula iniciada hai máis dun século e que se renova regularmente nun ciclo que entre fermentación e maduración dura de 12 a 20 días.
Case un mes despois da súa inauguración oficial, os responsables da nova factoría amosan por dentro unhas instalacións que consideran clave para a súa estratexia de crecemento global.
900 millóns de litros é a cifra de produción á que aspiran chegar conforme vaian escalando tanto nas vendas coma nas fases de construción desta nova cociña que complementa a que manteñen no polígono da Grela e na que, malia ao crecemento, seguen cociñando a súa característica receita de ritmo lento.