Publicador de contidos

Publicador de contidos

O corte do túnel do Cereixal provoca numerosas retencións de tráfico no centro de Becerreá

O corte do túnel do Cereixal provoca numerosas retencións de tráfico no centro de Becerreá

Todo o tráfico da autovía está a ser reconducido pola Nacional VI, son seis quilómetros de desvío principalmente polo centro da vila

Estanse a realizar obras no túnel para mellorar a instalación eléctrica e os sistemas de ventilación

G24.gal 07/04/2026 14:02

Para quen tiña que facer o repartimento ou para a veciña que ía botar o lixo, hoxe moverse polo centro de Becerreá non era nada doado.

 "Botas media hora para cruzar, Becerreá non está preparada para isto", di unha muller, e outra comenta: "Hai que ter coidado para cruzar e non se pode aparcar".

Estes dias todo o tráfico da A-6 pasa por aquí. Son milleiros de vehículos a diario. 

"Hai caravana de coches, pero é que esta autovía ten moito tráfico", di un home, e outro asegura: "Ao chegar aquí encontras o atasco".

Hai retencións no centro da vila e tamén á entrada e saída. Hai obras no túnel do Cereixal e ese treito da autovía estará pechado ata o xoves. 

 "Cada vez hai máis retencións, e o que nos queda", di un home.

Os veciños ármanse de paciencia, pero os negocios locais refregan as mans. Hai máis tráfico, pero tamén máis clientes.

 "Si que notamos que houbo máis xente, xente que non é de aqui e parou a tomar o café", comenta un hostaleiro.

Haberá restricións de tráfico todo o mes. Tras o do Cereixal, vaise pechar os túneles de Doncos e de San Pedro. Nos tres vaise mellorar o sistema de ventilación e a instalación eléctrica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos