Mañá de atrasos nas estacións de tren
Renfe volve fallar aos pasaxeiros galegos con atrasos en cadea
Pasaxeiros ás carreiras para saír da estación, unha fotografía que se repite constantemente
Con máis de 30 minutos de atraso chegou o tren á estación da Coruña, o que ás nove da mañá tiña que partir de novo con destino Vigo.
"Hoxe, media hora, e onte collín o das 5:07 e foron case 25 minutos, entón, vaia, tendo que ir traballar, que de feito teño que ir agora, é tremendo, e é algo constante".
"Alá na Coruña estaba petada a estación, e de feito unha rapaza, pobriña, desfaleceu, deulle un vaído, pero xa está ben, creo, xa había uns médicos atendéndoa".
"Había varias persoas por teléfono un pouco axitadas, porque sempre é igual, e acaba fartando un pouco", comentan varios pasaxeiros.
Porque os atrasos son un día si e outro tamén, e provocan ademais un efecto dominó noutros trens da mañá ata que se dá recuperado a normalidade.
"Ía coller o tren dirección á Coruña que saía ás 11:58, ás once menos dous minutos, e leva como 20 minutos de atraso, e pois si, trastórname un montón, porque vou para clase e xa non chego á hora nin de coña, nin puntual nin máis tarde".
"Eu collo o tren con antelación porque xa espero que pasen estas cousas".
"Hoxe xa collemos un antes para ir con tempo, ir seguras, si, ir seguras de que chegamos".