Cargando resultados...
Xoves de Compadres en Verín para arrancar o Entroido
Contra a noite a xente acompañará o meco para a súa queima na praza
Un Entroido sen grandes eventos para evitar aglomeracións nas celebracións
G24.gal
17/02/2022 21:51
En Verín a troula e as ganas de festa están a tope co xoves de Compadres, o arranque oficial do Entroido no Triángulo Máxico.
Ambiente e música nas rúas, e contra a noite está previsto que a xente acompañe o meco para a súa queima na praza. Un dos momentos que cada ano xeran máis expectación.
Marcado pola pandemia, non haberá grandes eventos nin actos masivos para evitar aglomeracións as celebracións. Será a veciñanza a que se encargue de manter viva a tradición desta festa tradicional, que se alongará case ata o vindeiro mes.