Cargando resultados...
Xornada de limpeza na contorna da casa do Alemán de Camelle
As asociacións Mar de Fábula e A Pergoliña queren reivindicar e dignificar o legado de Man
G24.gal
18/01/2026 14:15
Última actualización 18/01/2026 15:05
O "mundo fóra do mundo", que o Alemán de Camelle creou ao carón do mar durante catro décadas sofre as consecuencias do abandono, da erosión e dos temporais.
Para o Concello de Camariñas, o museo-xardín do anacoreta xermano é unha expresión de arte efémera, destinada a morrer consumida pola natureza, pero asociacións como A Pergoliña e Mar de Fábula defenden a súa conservación.
Ambos colectivos organizaron unha xornada de limpeza na contorna da casa de Man para dignificar o seu legado.