Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xinzo de Limia rexistra unha oscilación térmica no mesmo día de case trinta graos

Xinzo de Limia rexistra unha oscilación térmica no mesmo día de case trinta graos

O concello ourensán estivo a -10 graos de noite e chegou a 18 ao mediodía

A cidade de Pontevedra rexistra a temperatura máxima, con 22,5 graos

A última fin de semana de xaneiro remata con tempo seco, solleiro e frío

Xinzo de Limia rexistrou -10 graos, a temperatura mínima de Galicia
G24.gal 30/01/2022 20:38

Xornada de moito contraste térmico entre as primeiras horas do día e unha tarde solleira de temperaturas moi agradables. Ata os 22,5 graos subía o termómetro en Pontevedra. Mentres, a friaxe intensa, sobre todo, no sur da provincia de Ourense, baixaba o mercurio ata os -10 graos na Limia.

Con xeada e moito frío, así amencía a Limia, onde se rexistraba a temperatura máis baixa de Galicia, -10 graos en Xinzo. E poucas horas despois o termómetro ascendía ata rozar os 18.

Case 30 graos de contraste térmico, tamén na cidade de Ourense pasaron dos -4 aos 18 pola tarde. No sur da provincia de Ourense encadean xa dúas semanas con temperaturas xélidas, ás que xa están acostumados.

"Aquí na Limia estamos acostumados ao frío, é o que hai, hoxe con -10 graos, a mañá estaba un pouco fresca, pero ao entrar un pouquiño en calor xa se quita o frío", comentan dous veciños en Xinzo. 

"Pasamos moito frío, as noites tamén son frías e aproveitamos o sol para saír un pouquiño pola tarde", di unha veciña en Ourense.  

Tempo de inverno pola mañá e primaveral pola tarde. Temperaturas moi suaves tamén na costa que convidan a saír de paseo pola Coruña. E na cidade de Pontevedra chegaron aos 22 graos e medio.

"Non podemos ter tempo de primavera en xaneiro", asegura un veciño en Xinzo. 

"Véxoo raro, porque non chove", di unha veciña en Ourense. 

Seguimos sen chuvia, polo de agora, segue o tempo solleiro e frío, pero hai quen recorda invernos máis fríos.

"Eu acordo invernos moito peores que este". "Había xeadas grandísimas tamén, cando iamos á escola, e había un tanque alí e púñase cheo de xeo", contan dous veciños. 

O mes de xaneiro remata seco, con sol e ceo despexado e cunha importante oscilación térmica entre os días e as noites.

Na cidade de Pontevedra o termómetro superou os 22 graos Na cidade de Pontevedra o termómetro superou os 22 graos
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar