Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xa se poden mercar os abonos gratuítos de Renfe para 2023

Xa se poden mercar os abonos gratuítos de Renfe para 2023

As condicións son as mesmas que cos abonos actuais

Os usuarios teñen que realizar un mínimo de 16 viaxes en catro meses para o reingreso da fianza

Terán que renovarse, ao longo do ano, cada catro meses

G24.gal 29/12/2022 11:16

Os usuarios de Renfe poderán obter a partir de hoxe os novos abonos gratuítos de Media Distancia e do Avant entre Coruña e Ourense para viaxar ata o 30 de abril, que poderán ir renovando ao longo do ano cada catro meses.  

Para axilizar a adquisición dos abonos e evitar esperas, Renfe habilitou a web de Renfe para adquirir os novos abonos nas mesmas condicións que os que estiveron vixentes no último cuadrimestre.  En concreto, é necesario depositar unha fianza de 20 euros para cada servizo de Media Distancia convencional.

O pago con cartón permitirá a devolución automática da fianza, unha vez se constate que se cumpriu a condición de realizar 16 desprazamentos durante este catro meses.  

Para os nenos menores de 14 anos sen DNI, creouse, ademais, un abono recorrente para servizos de Media Distancia, que poderá ser adquirido en 'renfe.com' ou pola app de Renfe. O pai, a nai ou o titor poderán adquirir, por medio do seu NIF, NIE ou pasaporte, un máximo de catro abonos de neno para unha orixe e destino, durante o período de validez.  

Desde o pasado 7 de decembro están en vigor as medidas coas que se pretende frear o mal uso dos anos, que restrinxe a formalización de viaxes, a adquisición de abonos e sanciónanse os usos irregulares reiterados, entre outras actuacións. De feito, xa se retiraron preto de 200 abonos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade